Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun/dunha ARQUITECTO SUPERIOR, a xornada parcial (75%), e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 02/07/2022 e por un período de 8 días naturais.
Por outra banda, no BOP de Lugo do 01/07/2022 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2022:

– Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
– 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
– 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
– 3 Condutores motobomba, tres meses a xornada completa.

O prazo de solicitude é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación no BOP, polo tanto,  estará aberto desde o día 04  ata o día 8 de xullo de 2022.

Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info