Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADORA baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións das limpadoras municipais, desde o próximo día 28 de xullo de 2026.

O prazo de inscrición comenza o día 1 e finaliza o 8 de xullo de 2026, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 9 de xullo de 2026, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Por outra parte, están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 10 de agosto de 2026.

O prazo de inscrición comenza o día 1 e finaliza o 8 de xullo de 2026, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 9 de xullo de 2026, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info