No BOP de Lugo do día 14/02/2026 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES e de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS , a xornada completa, dentro do programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación das bases no BOP.
Para máis información ou consulta das bases e convocatoria, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo ou pinchar no seguinte aquí https://concellodovicedo.sedelectronica.es


