Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, dentro do programa: “Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023”, financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación
Por outra banda están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de tres meses.
O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección, polo tanto, comenza mañá día 25 de xaneiro de 2024 e remata o día 5 de febreiro de 2024, por ser inhábil o último día de prazo. As probas de selección realizaranse o día 06 de febreiro de 2024, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board