Edificio inaugurado no ano 1999 que conta con 2 plantas, máis un soto con diferentes estancias.
O edificio está situado na céntrica rúa Cidade de Mondoñedo e supón un punto de encontro dos veciños, lugar de reunión de asociacións e colectivos municipais. Conta cun gran salón de actos/auditorio con anfiteatro e con 234 butacas en total. Tamén unha sala de exposicións diáfana, aulas, salas pequenas, etc. Tamén neste edificio, na planta soto, está ubicada a Aula Cemit.
Ademais, o edificio multiusos, sito ao lado da Casa da Cultura, tamén alberga as instalacións do Punto de Atención á Infancia e un pequeno despacho, así como o local de Protección Civil do Vicedo.
Rúa Cidade de Mondoñedo, 23. O Vicedo, Lugo
omix@concellodovicedo.org
982 59 01 95