Aberto prazo para anotarse na semana tecnolóxica para nenos entre os 8 e 16 anos, que comezará o 10  e rematará o 14 de xullo de 2023, en horario de mañá. Aprenderán a facer modelado e impresión 3D, Robótica e enxeñería e creación de videoxogos e animación, entre outras cousas. Anotacións no 982 59 01 95 e omix@concellodovicedo.org. Dirixido a nenos e nenas do Vicedo.