Un ano máis celébrase a ruta de pinchos polos bares e restaurantes de todo o municipio. O obxectivo desta ruta é dinamizar a vida social do municipio, favorecendo o contacto entre as persoas e a vida social e económica nunha época de medio-baixo volume turístico. 

A  ruta divídese entre os fines de semana do 19 e 20 de abril e 16 e 27 de abril. O primeiro é na zona de San Román e Abrela e o segundo fin de semana no Vicedo. Entre os clientes que participen e voten nas urnas ubicadas nos locais vaise sortear unha amasadora-batidora (unha para os participantes no primeiro fin de semana e outra no segundo fin de semana, sorteo que será o 29 de abril ás 19h na Casa da Cultura do Vicedo)

O pincho máis votado polos participantes levará un premio para o local gañador.