Este ano o desfile de Samaín vai celebrar a súa edición número 18  onta coa axuda imprescindible da APA do Vicedo para poderse facer. Será o luns 31 de outubro a partir das 19:30h saíndo da Casa da Cultura, pasando por varias rúas do Vicedo e regresando á Casa da Cultura para compartir todos os participantes unha chocolatada, ofrecida pola APA.
Lémbrasea importancia de seguir a tradición deste desfile de portar traxes brancos (sexa sábanas ou camisetas moi longas) para que os participantes destaquen na noite, xa que as rúas estarán ás escuras durante o percorrido.